Percorrido literario: " De Murguía a Dona Emilia"

Este é un blog de traballo colaborativo da aula de Educación Secundaria de Adultos que servirá para elaborar os materiais do proxecto "Percorrido Literario: de Murguía a Dona Emilia P. Bazán a través da Xeolocalización e R.A.".

BIOGRAFÍA DE MANUEL MURGUÍA

 MANUEL MURGUÍA - Adrian Fuentes- Ivan Figueroa

Manuel Murguía naceu o 17 de maio de 1833 en Arteixo. Donde esta o actual colexio Manuel Murguía. Foron seus pais o farmacéutico compostelán Juan Martínez Castro e a guipuscoana Concepción Murguía Egaña.

Manuel Murguia coñeceu a Aurelio Aguirre, Eduardo Pondal, Rosalía de Castro no Liceo Xuventude e o máis inquedo da mocidade compostelá e alí formouse a súa mentalidade progresista e a súa vocación literaria. A primeira novela, Desde el cielo, escríbea cando tiña 17 anos, e non tardou moito en descubri-la súa verdadeira vocación.

En 1853 marcha a Madrid, coñece a Rosalía e publica unha crítica de La Flor, o primeiro libro de poemas da escritora. En 1858 casan e froito do matrimonio naceranlles sete fillos: Alexandra, Aura, Gala, Ovidio, Amara, Adriano e Valentina. A vida do matrimonio foi bastante azarosa por cousa dos altibaixos económicos derivados da inseguridade no traballo, os cambios continuos de domicilio, as frecuentes separacións, e a delicada saúde dela que a obrigaban a pasar longas tempadas en Santiago ou en Padrón. Estaban unidos, sen embargo pola defensa dos valores galegos, a vocación literaria e os intereses intelectuais. Non se pode esquecer que foi Murguía o que prestou maior apoio e alento á obra literaria da súa muller.

A partir de 1859 instálase en Galicia onde dirixe Diario de La Coruña. Aquí permanecerá ata a súa morte, agás dúas breves estadías en Simancas e Madrid. En 1861 celébranse na Coruña os Xogos Florais. Os poemas recóllense ó ano seguinte no Álbum de la Caridad.

Desde 1860 dedícase ós estudios históricos e en 1865 publica o primeiro tomo da Historia de Galicia, ó que seguirá o segundo tomo en 1866, precedido dun discurso considerado a primeira pedra do nacionalismo galego no plano conceptual.

Murguía pertence ó grupo dos historiadores románticos galegos, que reivindican os dereitos históricos de Galicia. A súa historiografía está orientada a amosala antigüidade e a lexitimidade do especificamente galego en tódalas ordes, a definilo ser de Galicia a partir da súa historia. Para iso combina os seus presupostos románticos coa súa actitude política liberal-progresista ata culminar nos escritos propiamente rexionalistas de 1888-1891. Galicia constitúe unha nación, cun conxunto de caracteres propios e distintos ós das demais nacións.

En 1868 ingresa no corpo de arquiveiros e é destinado a Simancas e en 1870 é nomeado xefe do Arquivo Xeral de Galicia. Participa no lanzamento da revista a ilustración Galega e Asturiana da que foi director. Nesta época iníciase a relación entre Murguía e o Centro Galego da Habana.

En 1885 publica Los Precursores e é nomeado Cronista Oficial do Reino de Galicia. Nese mesmo ano morre Rosalía.

A finais de 1890 constitúese a primeira organización política da historia do galeguismo, a Asociación Rexionalista Galega, da que Murguía é nomeado presidente e publícase o primeiro número do voceiro da asociación, La Patria Gallega. Neste mesmo ano ten lugar a translación dos restos mortais de Rosalía.

En 1892 é destinado á Biblioteca da Universidade de Santiago. Un ano despois é trasladado ó Arquivo da Delegación de Facenda da Coruña, onde permanece ata a xubilación en 1905.

Nese mesmo ano fúndase a Real Academia Galega. A sesión inaugural tivo lugar o 30 de setembro no salón da Reunión de Artesáns da Coruña, baixo a presidencia de Murguía, cargo que exerceu ata a súa morte.

O 17 de maio de 1913 réndeselle na Coruña unha magna homenaxe co galo do oitenta aniversario do seu nacemento. En 1916 nacen as Irmandades da Fala e dous anos máis tarde ten lugar en Lugo a primeira Asemblea Nacionalista. Morre o un de febreiro de 1923. No ano 2000 dedicaronlle o día o Letras Galegas.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

Información

Esta entrada fue publicada en 12/04/2013 por en MANUEL MURGUÍA, Vida e Obra y etiquetada con .