Percorrido literario: " De Murguía a Dona Emilia"

Este é un blog de traballo colaborativo da aula de Educación Secundaria de Adultos que servirá para elaborar os materiais do proxecto "Percorrido Literario: de Murguía a Dona Emilia P. Bazán a través da Xeolocalización e R.A.".

RELACIÓNS SENTIMENTAIS DE DONA EMILIA CON PÉREZ GALDÓS

   A escritora viguesa, Isabel Parreño publica no seu libro “Miquiño meu. Cartas a Galdós”, noventa e dúas das cartas que intercambiaron Emilia Pardo Bazán e Benito Pérez Galdós. Desgraciadamente das respostas de Galdós só consérvase unha, pois as outras se extraviaron no Pazo de Meirás, cando pertenceu á familia Franco.

Nas cartas reflíctese a súa relación de máis de 30 anos na distancia, coas súas distintas etapas; empezou coa amizade, a admiración, pasou ao amor e á paixón, para acabar cunha boa amizade despois de non poucas discusións e desencontros.

Tanto Benito como Emilia tiñan as súas respectivas familias e ao nacer a filla de Galdós, arrefriouse a súa relación na distancia, foi o detonante para que volvesen ao momento de amizade. Con todo Pardo Bazán, deixou atrás ao seu marido e seguiu coa literatura, demostrando así a súa valentía e fortaleza para a época que estaba vivindo.

 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

Información

Esta entrada fue publicada en 14/04/2013 por en DONA EMILIA PARDO BAZÁN, Vida e Pensamento da autora y etiquetada con .