Este é un blog de traballo colaborativo da aula de Educación Secundaria de Adultos que servirá para elaborar os materiais do proxecto "Percorrido Literario: de Murguía a Dona Emilia P. Bazán a través da Xeolocalización e R.A.".
O museo está emprazado na antiga residencia na Coruña da Condesa Emilia Pardo Bazán (1851 A Coruña – 1921 Madrid) e que hoxe comparte espazo coa sede da Real Academia Galega, institución creada en 1905 co fin de velar polo desenvolvemento da Lingua Galega.
Emilia Pardo Bazán é unha grande figura das letras, tanto como escritora como precursora ou colaboradora de numerosas iniciativas a prol da cultura Galega. Cabe destacar o seu espírito independente e proto-feminista .
O museo presenta a súa figura, inmersa no seu tempo e no seu espazo íntimo, cunha reprodución dalgunha das estancias orixinais do pazo.Supón unha visita a un pazo típico urbano do século XIX, no que se poden ver mobiliario e enseres orixinais así como unha exposición da produción artística e outras obras de arte que rodearon á Condesa.
O museo pretende que a visita sexa dinámica e propón distintas actividades en función das características dos seus visitantes co fin de achegar a obra e a figura de Emilia Pardo Bazán ós visitantes.