Percorrido literario: " De Murguía a Dona Emilia"

Este é un blog de traballo colaborativo da aula de Educación Secundaria de Adultos que servirá para elaborar os materiais do proxecto "Percorrido Literario: de Murguía a Dona Emilia P. Bazán a través da Xeolocalización e R.A.".

EMILIA PARDO BAZÁN E O ATENEO MADRILEÑO

EMILIA PARDO BAZÁN E O ATENEO MADRILEÑO

1905. EMILIA PARDO BAZÁN, PRIMEIRA MULLER SOCIA DO ATENEO DE MADRID

Recorte de prensa do diario A Época (15-02-1905), que destaca a noticia da súa admisión como primeira muller socia de número.

Conseguiuno o 9 de febreiro de 1905, día en que ingresou como socia número 7.925. Emilia Pardo Bazán era xa unha recoñecida escritora e dera conferencias no Ateneo, pero non podía entrar na casa como socia de pleno dereito.

«Son a primeira muller que pisa oficialmente o Ateneo e isto é para min una das maiores satisfaccións que recibín», comentaba uns días despois. Enseguida solicitaron o seu ingreso outras dúas destacadas feministas: Branca dos Ríos e Carmen de Burgos, que foron admitidas o 10 de marzo.

En realidade os estatutos non contiñan prohibición algunha respecto das señoras. Falan xenéricamente de socios, como a Constitución política de España fala de españois. Con todo a práctica social fixo que se interpretasen de modo que non fose admitida ningunha señora ata o comezo do século XX no que ingresa dona Emilia.

Pero o que resulta moito máis increíble é que ata o ano 1978, despois da chegada da democracia, non ingresou a primeira muller na Real Academia da Língua.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

Información

Esta entrada fue publicada en 17/04/2013 por en DONA EMILIA PARDO BAZÁN y etiquetada con , .