Percorrido literario: " De Murguía a Dona Emilia"

Este é un blog de traballo colaborativo da aula de Educación Secundaria de Adultos que servirá para elaborar os materiais do proxecto "Percorrido Literario: de Murguía a Dona Emilia P. Bazán a través da Xeolocalización e R.A.".

HISTORIA DO PAZO DE MEIRÁS.

 Pazo de Meirás

 

 

A pesar do seu aspecto medieval, a antigüidade das Torres de Meirás non se remonta mais aló do século pasado. A escritora Emilia Pardo Bazán, nada na Coruña o 16 de setembro de 1851, poseía neste lugar unha finca e as ruinas dunha casa forte da súa familia, que fora destruida polas tropas francesas durante a guerra da independencia no ano 1809. Ese primitivo pazo ou casa forte pertencía desde o século XVI aos Patiño de Bergondo, que se uniron por enlaces matrimoniais cos Pardo de Lama, dos que descendía a escritora coruñesa e que poseía o título de condesa (Condesa de Pardo Bazán). Este título fora concedido por Alfonso XIII en recoñecemento a súa importancia no mundo literario, e a escritora comezou a empregalo en 1908.
Compoñen o conxunto tres torres almenadas desiguais. As duas torres frontais están unidas por un pequeño edificio que aloxa un solenme vestíbulo, e entre as outras douas está a capela, cunha portada románica autentica (trasladada doutro lugar). Nesta capela celebrou a súa voda a propria escritora o 10 de xullo de 1868. Tamén podense atopar alí pezas arqueolóxicas interesantes, cruceiros, fontes, balaustres, escudos… traidos doutros Pazos (Sada, Ximonde, Hermida) nomeadamente nos tempos nos que Francisco Franco empregouno como residencia no verán. Cabe suliñar que a maioría destas pezas foron “regalos” feitos por concellos e outras administracións durante a estadía de Franco no Pazo, ou “caprichos” da esposa do Caudillo, Carmen Polo, que foi expoliando o patrimonio cultural galego.
Tras a morte de Emilia Pardo Bazán o 12 de maio de 1921, e do seu fillo Jaime finado en Madrid en 1936, as súas propietarias lexitimas pasaron a ser Blanca Quiroga de Pardo Bazán (filla de Emilia Pardo Bazán) e Manuela Esteban Collantes (Viuva de Jaime). As duas supervivintes propietarias do Pazo de Meirás decidiron donar o Pazo á Compañía de Xesús para que fose destiñado a noviciado, pero dita ordén non aceptou as condicións postas polas lexitimas propietarias. Foi entón cando as autoridades franquistas coruñesas, que pensaban nun pazo para agasallarselo a Franco como residencia veraniega. A tal efecto constituiran unha comisión, e foi esta quen se puso en contacto cos donos de Meirás.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

Información

Esta entrada fue publicada en 18/04/2013 por en DONA EMILIA PARDO BAZÁN, O Pazo de Meirás y etiquetada con , , .