Percorrido literario: " De Murguía a Dona Emilia"

Este é un blog de traballo colaborativo da aula de Educación Secundaria de Adultos que servirá para elaborar os materiais do proxecto "Percorrido Literario: de Murguía a Dona Emilia P. Bazán a través da Xeolocalización e R.A.".

O SANTUARIO DE PASTORIZA

A HISTORIA DO SANTUARIO

 

 

A HISTORIA DO SANTUARIO

Malia que as intervencións máis destacables realizadas nesta igrexa son do século XVII, no seu interior podemos atopar elementos que nos permiten falar dunha orixe anterior, en torno ao século XIII, e ata máis remoto. Santuario de gran devoción, celebra no outono a popular romaría en honor da Virxe.

Desde o punto de vista arquitectónico, o templo consta dunha soa nave con dúas capelas anexas ás súas laterales. A fachada se estrutura en tres corpos independentes que terminan nun campanario, estando toda ela decorada con motivos clásicos. No seu interior, o altar maior consta dun retablo barroco, con columnas salomónicas decorado todo iso con motivos vexetais.

O Santuario de Arteixo é característico, dunha forma particular, pola romaría que durante todo o mes de outubro ten lugar neste templo de gran devoción. Segundo a tradición esta igrexa foi  feita por un nobre para dar acubillo á imaxe da Virxe, que segundo conta a lenda, durante séculos foi agochada debaixo dunha roca, para preservala dos saqueos de todo tipo que viña sufrindo a comarca.

Na actualidade, ata esta igrexa, achéganse, durante o mes de outubro, miles de persoas desde todos os puntos da xeografía galega e ata nacional para render devoción á Virxe, da cal, hai unha imaxe no alto do monte, onde se supón que estivo escondida a imaxe, e ata onde soben os asistentes por unhas escaleiras que parten dos arredores da igrexa.

O santuario de Pastoriza era o templo de peregrinación xacobea, o camiño inglés, de grande tradición mariana.

Probas a favor deste argumento:

  1. patrón da capital do concello chámase : Santiago de Arteixo

  2. topónimo HOSPITAL, propio de camiños xacobeos.

Sobre unha porta tapiada no muro norte  hai un tímpano do XIV cunha Virxe con neno e inscripción nada clara. A virxe foi mutilada no XVIII, primitivamente estaba sedente e a súa cabeza era distinta. Detrás da estatua, sobre o tímpano hai un epígrafe do século IX de difícil interpretación.

A imaxe da virxe chegou a ter un luxoso traxe branco de raso bordado con filigrana de ouro regalo da escritora Emilia Pardo Bazán. tal é como se fai constar en tarxetas postais e estampiñas da Virxe da primeira metade do século XX.

Anuncio publicitario

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Información

Esta entrada fue publicada en 09/04/2013 por en DONA EMILIA PARDO BAZÁN, Obra, Santa María de Pastoriza y etiquetada con .
A %d blogueros les gusta esto: